Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2014 pola que se fai pública a formalización dos contratos correspondentes aos expedientes de contratación 15/2014 e 84/2014.

– Contratación do servizo de administración de sistemas da Xunta de Galicia (expediente 15/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de administración da infraestrutura de sistemas da plataforma tecnolóxica da Amtega.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 12.6.2014.

DOUE: 11.6.2014.

BOE: 17.6.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 6.321.600 €.

5. Orzamento base de licitación: 2.107.200 € máis 442.512 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 2.549.712 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 1.9.2014.

b) Data de formalización do contrato: 7.10.2014.

c) Contratista: Hewlett Packard Española, S.L.

d) Importe de adxudicación: 2.547.162,24 € (IVE ao 21 % incluído).

– Contratación do servizo de mantemento e soporte dos sistemas de xestión de recursos humanos da xunta de Galicia (expediente 84/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de mantemento e soporte dos sistemas de xestión de recursos humanos da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 11.6.2014.

DOUE: 7.6.2014.

BOE: 17.6.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 2.675.312,64 €.

5. Orzamento base de licitación: 1.028.966,40 € máis 216.082,94 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.245.049,34 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 25.9.2014.

b) Data de formalización do contrato: 22.10.2014.

c) Contratista: Atos Spain, S.A.

d) Importe de adxudicación: 1.082.475,68 € (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia