Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2014 pola que se fai pública a formalización dos contratos correspondentes aos expedientes de contratación 29/2014 e 47/2014, cofinanciados nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

Contratación da subministración de módulos de potencia para os sistemas de alimentación ininterrompida do centro de proceso de datos integral (CPDI) da Xunta de Galicia (expediente 29/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de módulos de potencia adicionais para os sistemas de alimentación ininterrompida do CPDI para acadar os 1.000 kW/1.000 kVA mantendo a autonomía actual de 10 minutos a plena carga.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 27.6.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 180.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 180.000,00 € máis 37.800,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 217.800,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 18.9.2014.

b) Data de formalización do contrato: 30.9.2014.

c) Contratista: Concentra Servicios y Mantenimiento, S.A.

d) Importe de adxudicación: 192.240,08 € (IVE ao 21 % incluído).

Contratación da subministración e instalación de equipamentos e programas informáticos necesarios para un simulador de navegación no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo (expediente 47/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración, instalación e posta en funcionamento de equipamento e software especializado de simulación de navegación nas instalacións do Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 17.6.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 123.966,94 €.

5. Orzamento base de licitación: 123.966,94 € máis 26.033,06 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 150.000,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 14.10.2014.

b) Data de formalización do contrato: 22.10.2014.

c) Contratista: Simrad Spain, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 147.559,50 € (IVE ao 21 % incluído)

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia