Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2014 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, mediante acordo marco, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de equipamento informático para os departamentos da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 10/2015).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 10/2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: determinar, mediante un acordo marco, as condicións homologadas que se aplicarán, durante o prazo de vixencia, aos contratos derivados que adxudicarán todos os órganos de contratación da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e os seus entes instrumentais, así como as entidades ou consorcios locais que se adhiran por medio do correspondente convenio, relativos á subministración de equipamento informático para os departamentos da Xunta de Galicia.

b) División por lotes e número: si, cinco.

c) Prazo e lugar de entrega: este acordo marco estará vixente durante un ano contado a partir da data da súa formalización.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado. O valor estimado do acordo marco é de 2.476.000,00 € (sen IVE), coa seguinte distribución por lotes:

Lote 1: ordenador persoal básico (con pantalla): 1.560.000,00 € (sen IVE).

Lote 2: ordenador persoal avanzado (con pantalla): 340.000,00 € (sen IVE).

Lote 3: ordenador portátil: 300.000,00 € (sen IVE).

Lote 4: impresora multifuncional de branco e negro: 96.000,00 € (sen IVE).

Lote 5: escáner de sobremesa: 180.000,00 € (sen IVE).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21593

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 30 de decembro de 2014, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Enderezo: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 10.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no número 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío ao DOUE: 20 de novembro de 2014.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia