Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48687

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (250/2014).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 250/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Álvaro Tajes Paris contra Suntuoaza, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxo decisión expresa:

«Que estimando integramente as demandas interpostas por Álvaro Tajes Paris contra Suntuoaza, S.L., efectuou os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro que a extinción do contrato de traballo do demandante efectuado pola demandada con data de efectos o 9 de febreiro de 2014 constitúe un despedimento improcedente e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Suntuoaza, S.L. a estar e pasar pola dita declaración, e a que readmita inmediatamente o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación desta sentenza, a razón de 44,01 euros diarios ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante dunha indemnización de 3.234,69 euros por despedimento improcedente.

A opción polo empresario entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario optase entenderase que procede a readmisión.

2. Debo condenar e condeno a Suntuoaza, S.L. a aboarlle ao demandante a suma de dous mil trescentos sete euros con vinte e seis céntimos (2.307,26 €) polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta resolución máis o 10 % de xuro de mora do artigo 29.3 do ET sobre esta última cantidade.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Suntuoza, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2014

A secretaria xudicial