Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48743

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2014 pola que se publica o resultado do concurso da venda das parcelas de solo empresarial 8A-1 e 8A-2 do parque empresarial do Carballiño, fase I e J-04 do parque empresarial de Bértoa, Carballo (expediente DTS03-14).

Realizada a adxudicación das parcelas do concurso de solo empresarial 8A-1 e 8A-2 do parque empresarial do Carballiño, fase I e J-04 do parque empresarial de Bértoa, Carballo, e, para cumprir coa transparencia, é preciso facer pública a adxudicación que se fixo de acordo cos seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Tras os preceptivos trámites legais, mediante anuncio de licitación publicado no DOG núm. 141, do 28 de xullo de 2014, convocouse o concurso para a venda destas parcelas resultando que segundo o certificado do encargado do rexistro do IGVS dos servizos centrais en Santiago de Compostela, foi presentada dentro do prazo establecido a proposición formulada por Funeraria Veracruz, S.L.

Segundo. Leváronse a cabo as mesas de contratación de apertura da documentación administrativa e dos sobre B e C, xuntándose a apertura destes dous sobres nun mesmo acto xa que só se presentara unha oferta de todas as parcelas. Todo isto, para evitar dilacións innecesarias do procedemento, así como o feito de que non se causaba ningún prexuízo ao licitador nin a terceiros. O resultado foi:

Empresa

Parcela

Oferta

Forma de pagamento

Funeraria Veracruz, S.L.

8A-1 do parque empresarial do Carballiño

66.300,00 B.I.

13.923,00 IVE

Total 80.223,00

A

Terceiro. De conformidade co disposto no artigo 151.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a mesa de contratación, con data do 17 de setembro de 2014, acordou propoñer a adxudicación ao órgano de contratación da parcela sinalada no punto anterior.

Cuarto. Con data do 24 de setembro de 2014 requírese o licitador proposto para a adxudicación para que presente a documentación establecida na cláusula 4.3.2 do prego de bases polo que se rexe este concurso. O requirimento foi cumprido dentro do prazo establecido.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A competencia para ditar a presente resolución corresponde ao director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo por delegación das competencias como órgano de contratación da presidenta do IGVS, mediante Resolución do 23 de xuño de 2010, de conformidade co disposto no artigo 316 do Real decreto lexislativo 3/2011, e de acordo coa Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Decreto 288/1988, do 29 de setembro, que o desenvolve.

Vista a proposta da mesa de contratación do 17 de setembro de 2014, o artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, a Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do IGVS, o Decreto 288/1988, do 29 de setembro, de desenvolvemento, o prego de bases que rexe neste procedemento e demais normativa vixente en materia de contratación,

RESOLVO:

1. Adxudicar a venda da seguinte parcela de solo empresarial:

Empresa

Parcela

Oferta

Forma de pagamento

Funeraria Veracruz, S.L.

8A-1 parque empresarial do Carballiño

66.300,00 B.I.

13.923,00 IVE

Total 80.223,00

A

2. Declarar deserto o concurso das restantes parcelas de solo empresarial (8A-2 do parque empresarial do Carballiño e a J-04 do parque de Bértoa en Carballo).

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2014

P.D. (Resolución do 23 de xuño de 2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo