Mediante esta cédula notifícaselle á persoa que se menciona no anexo a resolución da adxudicación dunha vivenda de protección oficial de promoción pública (expediente OU-2002/501, conta 28), situada na avenida de Compostela, número 122 B, 3º b; 32500 O Carballiño, por non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Ao abeiro do disposto no artigo 28 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, o interesado dispón dun prazo de quince (15) días para aceptar ou renunciar á adxudicación da vivenda e, no caso de aceptala, deberá efectuar dentro do prazo indicado o ingreso da fianza arrendaticia e achegar a documentación que se cita na mencionada resolución; se no dito prazo non cumpre os trámites indicados, entenderase que renuncia ao dereito sobre a vivenda, pasando así a vacante e procedéndose a efectuar a adxudicación a favor da seguinte persoa que figure na lista de espera seguindo a orde correlativa establecida nesta.
Ourense, 6 de novembro de 2014
Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense
ANEXO
Nicolás Pascal Derval.
Rúa Brasil, número 9, 2º; 32500 O Carballiño.