Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 25 de novembro de 2014 Páx. 48605

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 5 de novembro de 2014 pola que se notifica a resolución do recurso de reposición contra a Resolución do 16 de maio de 2013, devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa notificación (expediente IU2/124/2010).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 10 de outubro de 2014, ditou resolución pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto por María del Carmen Varela Recimil contra a Resolución do 16 de maio de 2013 (expediente núm. IU2/124/2010), ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sobre a imposición da primeira multa coercitiva, confirmando, en consecuencia, a resolución impugnada, e se alza a suspensión do acto administrativo obxecto de impugnación con base no artigo 111 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a María del Carmen Varela Recimil, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer o recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso-administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, consonte o artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística