De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/33/2014-RP1, a Manuela Costas Figueroa, en relación coas obras consistentes en edificación auxiliar, que se levan a cabo na rúa Castelo 2, Parada, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra.
O expediente relacionado atópase á disposición da interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
A interesada disporá dun prazo de 10 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.
Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2014
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística