Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 24 de novembro de 2014 Páx. 48490

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de dotacións ZV/SX/B08, eixe avenida Europa-avenida Castelao (expediente 11482/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 29 de setembro de 2014, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Estimar parcialmente as alegacións presentadas no Rexistro Xeral da XMU o día 25.9.2012 por Agapito Camarero Fernández (doc. 120109775), Cándido Costas Mallo (doc. 120109776), Víctor Alberto Alonso Costas (doc. 120109778), Urbanita Bastos Correa (doc. 120109782), José Luis Álvarez Fernández (doc. 120109787), no Rexistro Xeral da XMU o día 26.9.2012 (presentadas no correo postal o 24.9.2012) por Mª Purificación Comesaña Costas (doc. 120110634), por Carlos Enrique González García (doc. 120110635), no Rexistro Xeral da XMU o día 28.9.2012 por José Manuel Casas Garrido (doc. 120111509), por Francisco Javier Alonso Fernández (doc. 120111921) e pola mercantil Global Fish Vigo, S.L. (doc. 120111925), de acordo co informe proposta supra transcrito e desestimalas en todo o demais.

Segundo. Estimar parcialmente a alegación presentada no Rexistro Xeral da XMU o día 21.9.2012 por Alfonso Paz-Andrade Rodríguez afirmando actuar en nome e representación da Fundación Sales (doc. 120108944) tomando coñecemento do manifestado a respecto da titularidade dos xardíns e desestimala en todo o demais, de acordo co informe proposta supra transcrito.

Terceiro. Estimar, no senso exposto no informe do equipo redactor de xuño de 2013, as alegacións presentadas no Rexistro Xeral da XMU o día 2.10.2014 por Mª Rosa Costas Goberna (doc. 120113234) e o día 5.10.2014 por Francisco Pérez Gulías, afirmando actuar en nome e representación de Fiesta Altántica, S.L. (doc. 120115038) e estimar parcialmente as alegacións presentadas o día 3.9.2012 por José Manuel Lago Costas (doc. 120101466), o día 6.9.2012 por Secundino Rouco Blanco (doc. 120102836), o día 18.9.2012 por Cipriano Nogueiras Nogueiras (doc. 120107079), o día 26.9.2012 por Cándido Costas Costas (doc. 120110705), o día 3.9.2012 por Mª Teresa Román Pampillón (doc. 120101481), o 18.9.2012 por Adelaida Davila Fernández (doc. 120107138), o día 28.9.2012 (no Rexistro Xeral da Subdelegación do Goberno o 26.9.2012) por Amador González Guitián no seu nome e dereito e afirmando representar a Marina Flora, Elia, Carlos e Isabel González Guitián (doc. 120111727), o día 20.9.2012 por Camilo Alonso Costas (doc. 120108213), o día 26.9.2012 por José Armando Fernández Ledo e Mª Rosa Canda Roma (doc. 120110460) e presentada electronicamente o día 13.9.2012 por Manuel Leiros Hervello (doc. 120105711), todo iso de acordo co informe proposta supra transcrito, e desestimalas en todo o demais.

Cuarto. Desestimar as alegacións presentadas no Rexistro Xeral da XMU o día 13.9.2012 por Telmo Comesaña Pampillón (doc. 120105398), o día 21.9.2012 por Mª Dolores Comesaña Rouco (doc. 120108719) e por Purificación Costas Rodríguez (doc. 120108798) e o día 4.10.2014 por Alicia Garrido Pillado (doc. 120114591), o día 20.9.2012 por Enrique Davila Fernández (doc. 120108158), o día 27.9.2012 por Olga Serodio Esteiro (doc. 120111340), por Josefa Araújo Comesaña (doc. 120111343), por Francisco Serodio Esteiro (doc. 12011346) e o día 2.10.2012 por Edelmiro Comesaña Fontán (doc. 120113096), de acordo co informe proposta supra transcrito.

Quinto. Aprobar definitivamente o «Plan especial de dotacións do ZV/SX/B 8 Eixe Avenida de Europa-Avenida de Castelao», redactado por iniciativa municipal pola mercantil Fraga, Quijada, Portolés e Asociados, S.L.P. na súa versión V.3 aprobación definitiva, con data de xuño de 2014 (exp. 11482/411).

Sexto. Dar traslado do presente acordo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas xunto con copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que o integran sobre os cales recae a presente aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario do Concello, facendo constar este aspecto.

Sétimo. Ordenar a publicación do presente acordo no DOG, en cuxo anuncio se fará mención á remisión á CMATI da documentación referida no punto sexto do presente acordo e, así mesmo, publicar no BOP de Pontevedra o documento que conteña a normativa e ordenanzas.

Oitavo. Ordenar a publicación do presente acordo xunto coa ordenación definitivamente aprobada na páxina web do Concello de Vigo.

Noveno. Notificar o presente acordo aos titulares catastrais, así como aos alegantes para efectos de dar cumprimento ao disposto no artigo 4, letra e) do TRLS, e significarlles que os instrumentos de planeamento teñen natureza de disposición xeral polo que, contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a súa notificación ou publicación, se esta é posterior, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia».

Mediante oficio do 17 de outubro de 2014 foi remitida á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a documentación referida no punto sexto do presente acordo.

Vigo, 17 de outubro de 2014

P.D. (Resolución do 13.10.2014)
Carlos López Font
Concelleiro delegado da Área de Seguridade,
Mobilidade e Xestión Municipal