Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 24 de novembro de 2014 Páx. 48493

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación para crear unha aplicación informática para a xestión do imposto de vehículos.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Administración electrónica. Expediente: 7159-113.

2. Obxecto do contrato: descrición: creación dunha aplicación informática para a xestión do imposto de vehículos de tracción mecánica, coas funcionalidades que se especifican no punto 3 do prego de prescricións técnicas.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 12 meses.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 60.000 euros (IVE incluído).

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar a documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos quince (15) días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: se anunciará no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 14 de novembro de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación