Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 24 de novembro de 2014 Páx. 48486

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de impresión nos centros de saúde do Servizo Galego de Saúde e nos servizos centrais da Consellería de Sanidade (expediente AI-SER1-14-025).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 22 de decembro de 2014.

d) Número de expediente: AI-SER1-14-025.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de impresión en centros de saúde do Servizo Galego de Saúde e nos servizos centrais da Consellería de Sanidade.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si, dous e oferta integradora.

d) Prazo de execución/entrega: 12 meses desde a súa sinatura.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 79520000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-30 puntos

Plan de traballo

0-15

Funcionalidades software

0-10

Plan de soporte software

0-5

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-70 puntos

Oferta económica

0-55

Tempos servizo hardware

0-10

Tempos servizo software

0-5

4. Valor estimado do contrato: 997.059,20 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 332.436 euros. Importe total: 402.247,68 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría):

Lote 1: grupo V, subgrupo 3, categoría B.

Lote 2: grupo V, subgrupo 3, categoría C.

Integradora: grupo V, subgrupo 3, categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver cláusula 5.3.1 g) e h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 22 de decembro de 2014.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, si procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 4 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas a.m. do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización da presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 3 de novembro de 2014.

12. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2014

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos