Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 24 de novembro de 2014 Páx. 48432

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (674/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 674/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Rodríguez Álvarez contra Fondo de Garantía Salarial, Bosquexo Solucións Integrais na Construcción, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza.

En Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2014.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos nº 674/2013, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de José Luis Rodríguez Álvarez, asistido polo letrado Xavier Castro Martínez, contra Bosquexo Solucións Integrais na Construcción, S.L., que non comparece, Pablo Fraga Varela, en concepto de administrador concursal, que non comparece, sendo citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

(…)

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada e, en consecuencia, condeno a Bosquexo Solucións Integrais na Construcción, S.L. a pagar ao demandante 5.588,86 euros máis os xuros do artigo 29.3 do ET, co límite do artigo 59 da Lei concursal respecto do importe de 1.483,27 euros. Condeno o administrador concursal a se ater a esta resolución, así como o Fogasa, nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Bosquexo Solucións Integrais na Construcción, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2014

A secretaria xudicial