Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 24 de novembro de 2014 Páx. 48431

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (597/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 597/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio López Quintáns, Martín Casais García, Juan Carlos Ben Gontán, Antonio Fandiño Miras contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., se ditou sentenza cuxa resolución di literalmente:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Martín Casais García, Antonio Fandiño Miras, Juan Carlos Ben Gontán e José Antonio López Quintás, contra Esabe Vigilancia, S.A., debo condenar e condeno á mercantil demandada a que aboe a cada un dos demandantes a suma de 424,20 euros máis os xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre a dita cantidade, polos conceptos indicados e detallados no feito probado cuarto da presente sentenza.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso (artigo 191.2 e disposición transitoria segunda da LRXS)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2014

A secretaria xudicial