Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 24 de novembro de 2014 Páx. 48456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 23 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo do inicio de reintegro das axudas do Programa para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 15 de xaneiro), relativa ao expediente TR341D 2009/199-1.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, en virtude do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día coas resolución de acordo do inicio do procedemento de reintegro, requírense as persoas citadas no anexo para que, no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, comparezan persoalmente, ou debidamente representadas, no Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, 9-1º), das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres, para ter coñecemento do contido daquelas, advertíndolles que de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para facer as alegacións e achegar os documentos que coiden máis convenientes aos seus intereses, nun prazo de 15 días hábiles que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de outubro de 2014

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR 341D 2009/199-1.

Nome: Sandra Patricia Agudelo Martínez.

Último enderezo coñecido: rúa Xeneral Sanjurjo, 1, 1º, 15006 A Coruña.

Feito imputado: non someterse ás actuacións de comprobación e control da Consellería de Traballo e Benestar.

Precepto infrinxido: o artigo 16.a) da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Contido da resolución: acordo do inicio do procedemento de reintegro da axuda.