Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 24 de novembro de 2014 Páx. 48460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 24 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución da procedencia de reintegro da axuda do Programa para a promoción do emprego autónomo, regulada na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 15 de xaneiro), relativa ao expediente TR341D 2009/287-1.

En uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, en virtude do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día das citadas resolucións, requírense as persoas citadas no anexo para que, no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, comparezan persoalmente ou debidamente representadas, no Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido daquelas, e advírteselles que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación dista cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar na Coruña, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1988, do 13 de xuño, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 24 de outubro de 2014

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR 341D 2009/287-1.

Nome: Sandra Lago Martínez.

Último enderezo coñecido: Edificio Valentín, 4º esquerda, 15250 Muros.

Feito imputado: non manter a actividade durante como mínimo tres anos.

Precepto infrinxido: o artigo 19.2 da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Contido da resolución: acordo da procedencia do reintegro da axuda.