Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 24 de novembro de 2014 Páx. 48462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 28 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a resolución dun recurso de reposición presentado contra a denegación dunha subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia, regulada na Orde do 19 de agosto de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 22 de agosto), relativa ao expediente TR341D 2013/767-2.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso- Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co estabelecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 28 de outubro de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2013/767-2.

Nome: Pedro Luis Vila López.

DNI/NIF: 33538192Y.

Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Último enderezo coñecido: r/ Miguel de Cervantes, 4, 4º A, 27003 Lugo.

Contido da resolución ditada o 18 de setembro de 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo: resolución de recurso de reposición.