Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 24 de novembro de 2014 Páx. 48443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 4 de novembro de 2014, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra os expedientes sancionadores que a seguir se citan incoados en materia de transportes, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00809-O-2012 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra as resolucións sancionadoras ditadas nos expedientes que se citan no anexo porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o dito importe dentro do prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso en calquera oficina do BBVA, de Novagalicia Banco ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais da Dirección Xeral de Mobilidade.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2014

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Resolución recurso

LU-00809-O-2012

6064-BPX

Garda Civil 2704 I64330I

Transportes C. Nóvoa e Hijos, S.L.

B49125735

Avda. Federico Silva, 34, 1º Tercera

49600 Benavente (Zamora)

Incumprimento por parte do condutor da obriga de realizar por si mesmo determinadas entradas manuais ou anotacións no aparello de control de tempos de condución e descanso ou nas follas de rexistro.

14.4.2012; 16.10; A-6; 523,00

Art. 141.8 LOTT, Art. 198.8 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT

Art. 201.1.f) ROTT

1.501

Desestimado

LU-01522-O-2012

6971-DYT

Garda Civil 2701 R10457X

Publicidad Nica, S.L.

B27129592

San Martín de Hombreiro, 7

27003 Lugo

A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario para vehículos lixeiros de servizos que non cumpren algunha das condicións do art. 102.2 LOTT. (*).

21.6.2012; 16.20; N-VI; 507

Art. 141.31 LOTT

Art. 140.1.6 LOTT

Art. 197.1.6 ROTT

Art. 198.31 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT

Art. 201.1.f) ROTT

1.501

Desestimado

PO-01845-O-2013

1046-GFG

Garda Civil 3603 I65497Q

Portal Daco, S.L.

B36505881

Rosalía de Castro, 1, 3º C

36470 Salceda de Caselas

(Pontevedra)

Atenuante - Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

5.4.2013; 18.15; PO-400; 30

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801

Desestimado