Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 24 de novembro de 2014 Páx. 48445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a decisión de non someter a modificación do Plan parcial estrada de Lugo SUE-4, do concello de Lalín, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica.

Faise pública a decisión do 3 de novembro de 2014 de non someter a modificación do Plan parcial «estrada de Lugo» SUE-4, do concello de Lalín, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, en cumprimento do disposto no artigo 4 da devandita lei.

Esta decisión pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código 1669/2014.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental