Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 21 de novembro de 2014 Páx. 48279

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (655/2012).

Procedemento ordinario 655/2012 F.

Demandante: Alicia Busto Iglesias.

Avogado: Francisco Javier López-Keller Álvarez.

Demandados: Casona Coruña, S.L., Gonzaba Asador e o Fondo de Garantía Salarial.

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 655/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alicia Busto Iglesias contra a empresa Casona Coruña, S.L., Gonzaba Asador, Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Sentenza 507/2014.

Nº de autos: 655/2012.

A Coruña, 4 de novembro de 2014.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante, Alicia Busto Iglesias, que comparece asistida do letrado Javier López-Keller Álvarez, e doutra como demandado, Gonzaba Asador, Casona Coruña, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen ningún dos demandados malia estaren citados en legal forma.

Resolvo:

Que, estimando en parte a demanda interposta pola demandante Alicia Busto Iglesias, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Casona Coruña, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 2.197,99 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o xuro do 10 % por mora respecto das cantidades salariais, con absolución de Gonzaba Asador.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na Conta de depósitos y consignacións que este xulgado ten aberta en Banesto desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Casona Coruña, S.L., Gonzaba Asador, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de novembro de 2014

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial