Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 21 de novembro de 2014 Páx. 48296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 22 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai público o acordo de inicio do procedemento de reintegro de axuda do programa de fomento da contratación indefinida inicial, regulada na Orde do 4 de maio de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 86, do 7 de maio), relativa ao expediente TR348A 2010/192-1.

Intentada a notificación da dita resolución segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para que poida realizar as alegacións e presentar a documentación que considere oportuna, no prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.

Á vista das alegacións e da documentación achegada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 22 de outubro de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR348A 2010/192-1.

Nome ou razón social: Susana Peña García.

Último enderezo coñecido: rúa Manuel Azaña, 5, escaleira 2ª, 5º esquerda, 15011 A Coruña.

Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos. Non presentar a documentación a que fai referencia a base sétima, punto 4, do anexo A da orde de convocatoria.

Preceptos infrinxidos: base sétima, puntos 1 e 4, do anexo A da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.