Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 21 de novembro de 2014 Páx. 48294

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2014 de corrección de erros nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas publicados mediante a Resolución do 8 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e suxeito a regulación harmonizada, do acordo marco cun único empresario para a subministración sucesiva de consumibles informáticos destinados a esta consellería (expediente 59/2014).

Advertido un erro nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas para a referida contratación, publicada mediante a Resolución do 8 de outubro de 2014, no Diario Oficial de Galicia núm. 209, do 31 de outubro, cómpre facer as seguintes correccións na relación de consumibles informáticos que aparece no anexo VI do prego de cláusulas administrativas particulares (páxinas 31 á 43) e no anexo I do prego de prescricións técnicas (páxinas 9 á 19):

A. Elimínanse da dita relación os seguintes produtos, por non tratarse de consumibles informáticos:

– Brother etiquetador PT-1000 (nº 13).

– Brother P-Touch 9600 (nº 62).

– Datacard SP35 Plus-alta capacidad (nº 96).

B. Cambian de nome os seguintes produtos:

– Brother 3060 (nº 8) pasa a ser Brother TN 3060 (nº 60).

– Epson LC 7211 (nº 121) pasa a ser Star Micronics modelo LC-7211 (nº 517).

– Samsung Línea Office (nº 402) pasa a ser Olivetti Línea Office (nº 465).

Por tanto, cambia a numeración dos artigos, a ponderación de cada un deles e o valor estimado do acordo marco. Así mesmo, actualízanse as aplicacións orzamentarias con cargo ás cales se financiarán os contratos derivados.

Esta corrección afecta o prazo de presentación de proposicións recollido no punto 7 da dita resolución, polo que comezará a computar desde a data de envío do anuncio de información adicional ou de rectificación ao Diario Oficial de la Unión Europea. Este envío realizouse o 17 de novembro de 2014, polo que o prazo finaliza o 27 de decembro de 2014.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2014

P.D. (Orde do 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar