Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 20 de novembro de 2014 Páx. 48090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2014/200-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: subestación Valadares 132 kV; ampliación parque 15 kV.

Situación: Vigo.

Características técnicas: ampliación do parque de 15 kV da subestación Valadares 132 kV, situada en Vigo, consistente na instalación dunha posición de liña equipada para dobre saída, cela lindada, con illamento en SF6 e simple xogo de barras; trasládase a liña Valadares á posición 714, deixando libre a 706. A estas posicións (nova e liberada) conectaranse, respectivamente, as liñas de subministración principal e de socorro ao novo Hospital de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 29 de outubro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra