Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 20 de novembro de 2014 Páx. 48088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Catoira (expediente IN407A 2013/181-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: modificado I LMT, CT, MC Ferradas.

Situación: Catoira.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor tipo LA-56 de 64 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 43 da LMTA VAR808B Catoira II 8 e final no CT proxectado MC Ferradas. Centro de transformación de 50 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado na zona da avda. Os Muíños de Vento, Catoira.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e aprobar o proxecto de para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 28 de outubro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra