Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 20 de novembro de 2014 Páx. 48091

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2014/199-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, CTS Escaldes-Engordany.

Situación: Lalín.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 214 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS existente LAL812, entre os CCSS Lalín-Arena (36CVH3) e xulgados de Lalín (36CNK7), unha vez entre e saia do CTS proxectado. Centro de transformación subterráneo, de 400 kVA con RT 20 kV/400-230 V, instalado no soto dun edificio situado entre as rúas Escaldes-Engordany e Caracas de Lalín.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 29 de outubro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra