Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 20 de novembro de 2014 Páx. 48056

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 13 de novembro de 2014 pola que se modifica a Orde do 23 de setembro de 2008 pola que se nomea persoal laboral fixo e se adxudica destino definitivo aos/ás aspirantes que superaron pola quenda de promoción interna o proceso selectivo para o ingreso na categoría 004 (auxiliar de fogar/coidador/a auxiliar e outras), do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 21 de febreiro de 2006, e a Orde do 10 de xuño de 2013, pola que se adxudica destino definitivo; todo o anterior en execución das sentenzas do Xulgado do Social número 2 de Lugo do 7 de xuño de 2011, ditada en autos 408/2010, e da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza do 31 de marzo de 2014, ditada en autos 701/2010.

Primeiro. Mediante a Orde do 21 de febreiro de 2006 (DOG do 27 de abril) convocouse proceso selectivo para o ingreso na categoría 004 (auxiliar de fogar, coidador/a auxiliar e outras) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia pola quenda de promoción interna.

Por Resolución do 23 de abril de 2008, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo, fíxose público o baremo definitivo da fase do concurso da quenda de promoción interna e cambio de categoría e da quenda de acceso libre (DOG núm. 86, do 6 de maio).

Contra a dita resolución interpuxo demanda a aspirante María Dolores Díaz Fernández.

Mediante Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 16 de xullo de 2008 (DOG núm. 141, do 22 de xullo) fíxose pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, ordenados por puntuación.

Contra a dita orde interpuxo demanda o aspirante Enrique González Dominguez.

Segundo. Con data 7 de xuño de 2011 o Xulgado do Social número 2 de Lugo ditou sentenza en autos número 408/2010, cuxa decisión dispón:

«Que estimando a demanda formulada por María Dolores Díaz Fernández fronte á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, Rosa María González Domínguez, María del Carmen Cores Caldelas e Enrique González Domínguez, debo condenar e condeno a Administración demandada a que lle recoñeza á demandante o seu dereito a que se lle valore a experiencia profesional, de servizos prestados, con 3,83 puntos, e en consecuencia a figurar na correspondente relación de aspirantes no lugar adecuado, e condeno a todos os demandados a estar e pasar por este pronunciamento e a darlle plena efectividade, condenando a Administración demandada a indemnizar a demandante nos conceptos económicos que lle puidesen corresponder de ter avaliado en tempo e forma».

A dita sentenza foi confirmada integramente pola Sentenza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza do 8 de novembro de 2013, ditada no recurso de suplicación 4430/2011.

En execución da dita sentenza María Dolores Díaz Fernández obtivo as seguintes puntuacións:

Puntuación 1º exercicio

Puntuación 2º exercicio

Puntuación fase de concurso

Puntuación total

10,00

6,08

Sentenza P.O. 408/2010

4,18

20,26

De conformidade coa puntuación total do proceso selectivo correspóndelle a posición 35 na orde de prelación dos aspirantes, polo que superaría o proceso convocado.

Unha vez verificado que a aspirante cumpría os requisitos establecidos nas bases da convocatoria, María Dolores Díaz Fernández optou ao posto número sete dos ofertados no acto de elección de destino definitivo convocado pola Orde do 3 de abril de 2013 (DOG núm. 68, do 9 de abril).

Terceiro. Con data 31 de marzo de 2014 a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou sentenza no recurso de suplicación contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo en autos 701/2010, cuxa decisión dispón:

«Que desestimamos os recursos de suplicación presentados por (...) Luisa Martínez García e Marisol Díaz Martínez (...).

Que desestimamos o recurso de suplicación presentado por (...) María Rosa González Domínguez, José Carlos Mouriño Amil e Rosa García Núñez e estimamos o recurso de suplicación interposto por (...) Enrique González Domínguez contra a Sentenza de data 24 de febreiro de dous mil once, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Vigo, en autos 701/2010, aclarada por Auto do 31 de marzo de 2011, polo que revogamos esta no sentido de recoñecerlle ao demandante unha puntuación de 2,42 puntos polos méritos a que se refire a letra b) da base II.1.1 da orde da convocatoria, e confirmámola no restante. En consecuencia co dito anulamos en parte a Orde de data 16 de xullo de 2008 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 004 do grupo IV do persoal laboral da Xunta de Galicia pola quenda de promoción interna e cambio de categoría e tamén en parte as resolucións ditadas en materia de baremación do 20 de febreiro e 23 de abril de 2008 co único fin de outorgarlle ao demandante una puntuación por experiencia profesional de 3,35 puntos resultado da seguinte suma: 0,94 puntos pola base II.1.1.d) e 2,42 puntos pola base II.1.1b) das fixadas do 21 de febreiro de 2006 da Xunta de Galicia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e condenamos a estar e pasar pola anterior declaración á Xunta de Galicia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, así como aos seguintes codemandados: María Rosa González Domínguez, Rosa García Núñez, Genoveva Piñeiro García, Francisco Javier Sánchez Vilas, Carmen Lucía Abal Saborido, María Celia Ageitos Tielas, María Venera Antelo Arijón, María del Carmen Ares López, María del Carmen Arias Pacheco, María Ángeles Bao Fernández, María Carmen Barbeito Vázquez, Augusta Assunçao Barbosa Piñeiro, Julia María Bouza Fernández, María del Carmen Buján Gómez, Carmen Campelo Ferreiro, Pilar Cancio Álvarez, Ana María Castañal Castiñeira, Antonio Castro Alvarado, Rosina María Cristina Castro Villar, María José Cernadas Campos, Elisa Cibeira Fernández, María del Carmen Cores Candelas, María Teresa Cortizas Rodríguez, María del Carmen Costa Dorado, María Luz Cotelo Lema, María Teresa Creo Tubío, Nieves Cruz Rodríguez, María Dolores Díaz Fernández, Josefa Díaz Yáñez, María Victoria Diz Couto, María Carmen Fernández Grandío, María Encarnación Fernández Méndez, María Luz Fuestes Luaces, María Luz García Novo, María Delfina González Castro, María del Carmen González Iglesias, María Antonia Guerrero Ruiz, María Jesús Iglesias Fernández, Rosa María Liñares Solla, María del Carmen López Álvarez, María Carmen López Cabello, María Carmen López Rodríguez, Lucinda Maceira Sánchez, Beatriz Martínez Díaz, Josefina Martínez González, María Marcelina Méndez Sánchez, María Carmen Midón Sobredo, María Isabel Mosteiro Riveiro, María José Navaza Vázquez, María Teresa Nieto Puñal, María Cruz del Oro Ruzo, María Teresa Pallares Romero, Julia María Pardo Vilariño, Montserrat Pedreira González, María Consuelo Pena Arjones, María Carmen Pereira Filgueira, María Emilia Pérez Teijeiro, María Jesús Pérez Vidal, María Josefa Regueiro Lamas, María Lidia Rey Fernández, Alicia Rey Seijas, María Fátima Rey Vázquez, María Eugenia Rodríguez Couñago, Eva María Rodríguez Méndez, Ana María Rubal Fernández, Justa Santamaría Seijas, María Pilar Serantes Gómez, Juan Ignacio Sixto González, María Pilar Suárez García, Josefa Trabazo García, Angelina Valladares Domínguez, María Felicitas Vázquez Castro, Andrés Vázquez Novo, María Fe Vázquez Novo, Eva Vázquez Saavedra, María Aurora Vázquez Saavedra, María Montserrat Vidal Ares e Lidia Feliciana Vilchez Monago.» A sentenza adquiriu firmeza o 15 de setembro de 2014.

En execución da dita sentenza Enrique González Domínguez obtivo as seguintes puntuacións:

Puntuación 1º exercicio

Puntuación 2º exercicio

Puntuación fase de concurso

Puntuación total

12,40

6,73

Sentenza P.O. 701/2010

3,35

22,48

De conformidade coa puntuación total do proceso selectivo lle correspóndelle na orde de prelación dos aspirantes que superaron o proceso selectivo da categoría 004, do grupo IV, a posición 13 no canto da posición 41.

A demandante María Dolores Díaz Fernández –a que se refire o parágrafo segundo– descende á posición 36.

O posto adxudicado a Enrique González Domínguez pola Orde do 10 de xuño de 2013 (DOG núm. 121, do 27 de xuño) é conforme coa súa preferencia, manifestada previamente.

Cuarto. Consonte co ordenado polas sentenzas transcritas, a codemandada María Rosa González Domínguez, que superara o proceso selectivo na posición 40, é desprazada á posición 42.

Xa que o número de prazas ofertadas ascende a 41, María Rosa González Domínguez non supera o proceso selectivo. Así resulta do establecido no artigo 11.3 do V Convenio colectivo para o persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia e da base III.15 da orde de convocatoria.

De acordo con todo o exposto e co obxecto de dar cumprimento ás sentenzas que se executan, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Deixar sen efecto o nomeamento como persoal laboral fixo da categoría 004 (auxiliar de fogar//coidador/a auxiliar e outras), do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, de María Rosa González Domínguez, DNI 36023203M, e conseguintemente a adxudicación do destino definitivo outorgado na Orde do 10 de xuño de 2013 (DOG núm. 121, do 27 de xuño), no cal deberá cesar.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a que figura adscrito o posto que desempeña deberá seguir o procedemento establecido no artigo 41 do Real decreto lexislativo 1/2005, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores para a modificación substancial das condicións de traballo.

Segundo. Reintegrar a María Rosa González Domínguez, persoal laboral fixo da categoría 003 (auxiliar sanitario/auxiliar clínica e outros), do grupo IV, do V Convenio colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia, a titularidade do posto que ocupaba con carácter definitivo na dita categoría profesional e que figura no anexo I.

A traballadora disporá dun mes para tomar posesión no novo destino, que radica en distinta localidade, sempre que leve consigo un cambio efectivo de residencia debidamente xustificado, ou de tres días no caso contrario. O dito prazo contarase desde o día seguinte ao do cesamento no seu destino actual.

Terceiro. Nomear persoal laboral fixo da Xunta de Galicia da categoría 004 (auxiliar de fogar/coidador/a auxiliar e outras), do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, a María Dolores Díaz Fernández, DNI 33827705H, que superou o proceso selectivo para o acceso á categoría 004 (auxiliar de fogar/coidador/a auxiliar e outras), do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 21 de febreiro de 2006, en execución da sentenza do Xulgado do Social número 2 de Lugo do 7 de xuño de 2011.

Cuarto. Adxudicarlle á María Dolores Díaz Fernández, con orde de prelación 36, destino definitivo no posto de traballo que figura no anexo II.

Para adquirir a condición de persoal laboral fixo da categoría 004, do grupo IV, María Dolores Díaz Fernández deberá tomar posesión do posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Asignar o número 13 na orde de aspirantes que superaron o proceso selectivo a Enrique González Domínguez, DNI 36087874T, e reasignar os números da orde de prelación dos aspirantes que figuran nas posicións 14 a 41 na Orde do 23 de setembro de 2008 pola que se nomean persoal laboral fixo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo. A orde de prelación resultante figura no anexo III.

A adxudicación de destino definitivo a Enrique González Domínguez na Orde do 10 de xuño de 2013 (DOG núm. 121, do 27 de xuño) non experimenta modificación.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán presentar reclamación previa á vía xudicial laboral no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme o artigo 69 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO I

NIF

Apelidos
e nome

Grupo/

categ.

Código do posto

Denominación

Centro
de destino

Centro directivo

Concello

Observacións

36023203M

González Domínguez, Mª Rosa

IV-003

TRC994080036560177

Aux. clínica

Complexo residencial de atención a persoas dependentes

Servizos periféricos

Vigo

B10 (complemento salarial de singularidade por perigosidade)

B14 (complemento salarial de singularidade por especial dedicación)

B18 (complemento salarial de singularidade por penosidade)

ANEXO II

NIF

Apelidos
e nome

Grupo/

categ.

Código do posto

Denominación

Centro
de destino

Centro directivo

Concello

Observacións

33827705H

Díaz Fernández,
Mª Dolores

IV-004

EDC994010127001012

Coidador/a auxiliar

Aulas E.E. centro público provincial

Servizos periféricos

Lugo

B14 (complemento salarial de singularidade por especial dedicación)

B18 (complemento salarial de singularidade por penosidade)

B92 (itinerante)

E36 (xornada irregular, segundo Acordo do comité intercentros de data 10 de xuño de 2008)

ANEXO III

Promoción interna e cambio de categoría:

NIF

Apelidos e nome

1º exame

2º exame

3º exame

Méritos

Total

33855642X

García Novo, María Luz

12,4

6,52

Exenta

6,96

25,88

76867442Q

Rey Seijas, Alicia

15,2

6,3

Exenta

4,08

25,58

33248671D

Piñeiro García, Genoveva

11,6

5,21

Exenta

8,24

25,05

33324569F

Cancio Álvarez, Pilar

14

5,86

Exenta

4,1

23,96

32404118Q

Liñares Solla, Rosa María

13,2

6,08

Exenta

4,33

23,61

32778764S

Vázquez Novo, María Fe

15,2

7,6

Exenta

0,74

23,54

34896786J

Vázquez Novo, Andrés

16

6,73

Exento

0,76

23,49

32765263S

Campelo Ferreiro, Carmen

14,8

6,3

Exenta

2,26

23,36

33861297F

Vázquez Castro, María Felicitas

10,8

5,86

Exenta

6,3

22,96

10046024S

Pérez Teijeiro, María Emilia

12,8

5,43

Exenta

4,34

22,57

52496290D

Trabazo García, Josefa

13,6

7,17

Exenta

1,78

22,55

34965194L

López Rodríguez, María del Carmen

15,2

5,21

Exenta

2,1

22,51

36087874T

González Domínguez, Enrique

12,4

6,73

Exento

3,35

22,48

35451961Z

Serantes Gómez, María Pilar

14

7,39

Exenta

1,02

22,41

76336028V

Antelo Arijón, María Venera

14

5,86

Exenta

2,3

22,16

78784939A

González Castro, María Delfina

12,8

6,95

Exenta

2,36

22,11

76339780C

Pallares Romero, María Teresa

14,4

5,43

Exenta

2,24

22,07

36084892P

Costa Dorado, María Carmen

13,6

5,86

Exenta

2,58

22,04

36093192M

Rodríguez Couñago, María Eugenia

12,4

6,95

Exenta

2,69

22,04

35247428C

Abal Saborido, María Carmen Lucía

12,8

5,43

Exenta

3,72

21,95

32632930R

Vázquez Saavedra, Eva

14,4

6,3

Exenta

0,94

21,64

34967635E

Ortiz Novoa, Isabel

14,4

6,73

Exenta

0,5

21,63

10045734R

Fernández Méndez, María Encarnación

11,2

5,65

Exenta

4,77

21,62

36045630F

Bao Fernández, María Ángeles

11,6

7,17

Exenta

2,82

21,59

35258716S

Valladares Domínguez, Angelina

13,2

5,86

Exenta

2,5

21,56

76818186A

García Núñez, Rosa

12

5,86

Exenta

3,61

21,47

36008116Y

Cibeira Fernández, Elisa

11,6

6,73

Exenta

3,05

21,38

35295501T

Diz Couto, María Victoria

11,2

6,52

Exenta

3,4

21,12

32635876A

Rey Fernández, María Lidia

12,8

5,86

Exenta

2,38

21,04

76513982C

Creo Tubío, María Teresa

14,4

5

Exenta

1,62

21,02

36090017G

Bouza Fernández, Julia María

14

5,43

Exenta

1,5

20,93

33259707M

Vidal Ares, María Montserrat

14,4

5,65

Exenta

0,66

20,71

35559708Y

Maceira Sánchez, Lucinda

12

5,86

Exenta

2,8

20,66

36091607F

González Iglesias, María del Carmen

10,8

6,73

Exenta

2,97

20,5

32403653B

Castro Villar, Rossina María Cristina

13,2

5,43

Exenta

1,67

20,3

33827705H

Díaz Fernández, María Dolores

10,00

6,08

Exenta

4,18

20,26

03799775Z

Guerrero Ruiz, María Antonia

10

5,86

Exenta

4,36

20,22

33861560V

Regueiro Lamas, María Josefa

13,6

5,65

Exenta

0,9

20,15

33321234F

Vázquez Saavedra, María Aurora

12,4

5

Exenta

2,7

20,1

34257374R

Rubal Fernández, Ana María

11,2

5,65

Exenta

3,1

19,95

35438462Q

Cores Caldelas, María Carmen

12,4

5,86

Exenta

1,48

19,74