Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 48016

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública (expediente 346/13).

O Bispado de Lugo solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación dun centro de lavado de vehículos como ampliación da actividade de garaxe-aparcadoiro público, con licenza de apertura 129/2007, na rúa Salvador de Madariaga, número 5.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto–, poidan examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Lugo, 16 de xaneiro de 2014

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcade delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente