Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 48015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 29 de outubro de 2014 de emprazamento para o trámite de audiencia no procedemento de responsabilidade patrimonial iniciado por reclamación de Ana Belén López Souto.

Intentada sen efecto a notificación no domicilio da interesada, de conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase segundo o establecido no número 5 do devandito artigo, a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia a Ana Belén López Souto.

O expediente mencionado está á disposición da interesada nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela sita no Hospital Clínico de Santiago de Compostela, Edificio B primeira planta, travesía da Choupana, s/n, Santiago de Compostela, para a súa consulta, dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula para obter copia dos documentos que considere oportunos, e para formular alegacións e presentar a documentación que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2014

Luís Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela