Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 48017

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da concesión de subvencións de concorrencia competitiva outorgadas pola Área de Igualdade.

No BOP de Lugo nº 258, do 10 de novembro de 2014, publicouse o texto íntegro das bases xerais reguladoras da concesión de subvencións de concorrencia competitiva outorgadas pola Área de Igualdade do Concello de Lugo, aprobadas polo Decreto 1401004, do libro de resolucións do 4 de novembro de 2014.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que as persoas interesadas poidan presentar as solicitudes que consideren oportunas, no prazo de dez (10) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 12 de novembro de 2014

Ana María González Abelleira
Tenente de alcalde delegada de Benestar Social e Igualdade