Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 48018

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación dos servizos de conservación e reposición de parques infantís, áreas biosaudables, áreas deportivas e ximnásticas e mobiliario urbano.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Montes, Parques e Xardíns. Nº de expediente: 7524-446.

2. Obxecto do contrato: descrición: prestación dos servizos de mantemento, conservación e reposición de parques infantís, áreas biosaudables, áreas deportivas ximnásticas e mobiliario urbano do concello de Vigo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: catro (4) anos máis dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 2.007.993,36 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: si, grupo O, subgrupo 5, categoría c.

8. Presentación das ofertas: prazo: o prazo rematará o día 4 de decembro de 2014.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxaxe o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 20 de outubro de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación