Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 48020

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de rectificación de información pública sobre emprazamento de persoal.

Ao abeiro do artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, procédese a rectificar os seguintes erros detectados de oficio no anuncio de información pública sobre emprazamento de persoal para os recursos contencioso-administrativos 227, 230, 231 e 223/2014, que debe quedar redactado do xeito seguinte:

«Logo de presentados recursos contencioso-administrativos por Dámaso Pena González nº 228/2014 p.a., por Úrsula Comesaña Ambrosio nº 230/2014 p.a. e por Paula Davila Granada nº 231/2014 p.a., contra o Acordo da Xunta de Goberno Local do 23 de maio de 2014, desestimatorio dos recursos de reposición formulados contra as bases específicas para a provisión de vinte e tres (23) prazas de Policía Local, correspondentes á oferta de emprego público dos anos 2010-2011, que se está a tramitar perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, por este anuncio, e para os efectos da publicidade exixida polo artigo 47.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, na redacción dada pola Lei 13/2009, do 3 de novembro, de reforma da lexislación procesual, procédese a emprazar os posibles interesados que desexen comparecer nos procesos indicados».

Vigo, 27 de outubro de 2014

Carlos López Font
Concelleiro delegado da Área de Xestión Municipal