Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 47921

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2014 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico de investigación, área bioloxía-saúde (leira de prácticas), grupo III, en virtude das probas selectivas convocadas pola Resolución do 26 de novembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 10 de decembro).

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 26 de novembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 10 de decembro) para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico de investigación, área bioloxía-saúde (leira de prácticas), grupo III, e comprobado que o aspirante reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, o reitor, de conformidade co disposto no artigo 85 j) dos Estatutos da USC,

resolve:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico de investigación, área bioloxía-saúde (leira de prácticas), o aspirante que superou o proceso selectivo pola quenda de acceso libre e que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato no Servizo de Xestión de Persoal, situado na Casa da Balconada (rúa Nova, número 6, Santiago de Compostela) no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2014

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Categoría laboral: técnico de investigación, área bioloxía-saúde (leira de prácticas)

Quenda de acceso libre:

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

76578109T

Huerta Rodil, Eliseo