A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.
En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:
1. Denominación do curso:
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
2. Entidade organizadora:
Sanea Control, S.L.
3. Data:
Do 1 ao 5 de decembro de 2014.
4. Lugar de realización:
Fundación Coren.
Estrada nacional 120, vía provincial O-410, nº 41, Razamonde, 32459 Cenlle (Ourense).
5. Número de prazas:
Máximo 25 alumnos.
6. Dirixido a:
Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.
7. Criterios de selección:
Por rigorosa orde de recepción de inscricións.
8. Presentación de solicitudes:
Solicitude segundo modelo anexo.
9. Programa:
Día 1.12.2014 |
|
16.30-16.45 h |
Introdución. |
16.45-18.15 h |
Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas. |
18.15-19.15 h |
Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases. |
19.15-20.30 h |
Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación. |
Día 2.12.2014 |
|
16.30-17.30 h |
Lexislación. |
17.30-19.45 h |
Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria. |
19.45-20.30 h |
Métodos de loita antivectorial. |
Día 3.12.2014 |
|
16.30-18.30 h |
Métodos de loita antivectorial. |
18.30-20.30 h |
Técnicas de aplicación de praguicidas. |
Día 4.12.2014 |
|
16.30-18.30 h |
Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas. |
18.30-19.30 h |
Boas prácticas de almacenamento de praguicidas. |
19.30-20.30 h |
Resolución de exercicios prácticos. |
Día 5.12.2014 |
|
16.00-18.00 h |
Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. |
18.00-19.00 h |
Preparación de disolucións de produtos. |
19.00-20.00 h |
Resolución de exercicios prácticos. |
20.00-21.00 h |
Avaliación tipo test. |
10. Certificado de superación do curso:
É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2014
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.
Datas: do 1 ao 5 de decembro de 2014.
Lugar de realización do curso:
Fundación Coren.
Estrada nacional 120, vía provincial O-410, nº 41, Razamonde.
32459 Cenlle (Ourense).
Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.
Horario: das 16.30 ás 20.30 horas, agás o día 5.12.2014 que será das 16.00 ás 21.00 horas.
Nº de prazas: máximo 25 alumnos.
Presentación de solicitudes:
Enviarase, como data límite o 24 de novembro de 2014, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avenida da Mahía, 106, baixo, 15220 Bertamiráns-Ames (A Coruña). Teléfonos: 981 88 69 24 e 639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45. Correo electrónico: saneaformacion@sanea.org
Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.
Nome: |
Apelidos: |
|||||
Cargo/actividade desempeñada: |
||||||
Empresa: |
Sector actividade: |
|||||
Enderezo: |
CP: |
|||||
Localidade: |
Provincia: |
|||||
Teléfono: |
Fax: |
Correo electrónico: |