1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición do obxecto: servizos necesarios para o deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte das salas de degustación da Secretaría Xeral do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar en distintos certames coas entidades galegas no exterior, que se realizarán no ano 2015: Burgos (abril), Nuremberg (maio), Londres (xuño) e Lisboa (setembro).
c) División por lotes e número: non leva.
d) Prazo de execución: desde o día seguinte ao da sinatura do contrato e ata os cinco días seguintes ao da finalización dos correspondentes certames.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV: 79950000-8.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.
Criterios de adxudicación: aspectos cualitativos e cuantitativos, recollidos na línea N da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 135.000,00 €, IVE (21 %): 28.350,00 €. Importe total: 163.350,00 €.
Valor estimado: 135.000,00 €.
5. Financiamento: fondos propios e Fondo Europeo de Pesca, segundo as porcentaxes recollidas nos pregos.
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, se o licitador conta coa clasificación: grupo L, subgrupo 5, categoría A, está exento de presentar solvencias.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas alíneas J e K da folla de especificacións.
7. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
8. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.
b) Enderezo: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.
c) Teléfonos: 981 54 40 46 (consultas administrativas) e 981 54 62 61 (consultas técnicas).
d) Telefax: 981 54 40 47.
e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.
Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21538
9. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).
d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
10. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do noveno día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que sexa sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.
11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2014
P.D. (Orde do 30.3.2012, DOG núm. 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar