Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 47998

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 27 de outubro de 2014 polo que se notifica a resolución de extinción dun contrato de traballo.

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na sede do Servizo de Persoal na Área do Medio Rural e Montes na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2014

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Expediente: 3/2014 - Non reincorporación inicio actividade apoio campaña de verán alto risco.

Interesado: Jesús Gómez Santiago.

Acto de notificación: resolución da extinción do contrato de traballo.