De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, e ao non ser posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto foi adoptado pola xefa territorial.
A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo, rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
Lugo, 5 de novembro de 2014
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Interesado/a |
Nº de expediente |
Acto que se notifica |
Concello |
Gregorio Mata Pineda |
IN635C 2014/21-2 |
Acordo de incoación |
Tordera |
Copasa |
IN635B 2014/8-2 |
Resolución |
Guitiriz |