Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 47979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2014/156-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Expediente: IN407A 2014/156-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: cambio de sección LMTS EIR726.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas:

Tramo de liña de media tensión soterrada EIR726 (actuación 1), a 15/20 kV, cunha lonxitude de 55 m, con orixe en cela de liña do CT Morana, en condutor RHZ-2OL-12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en cela de liña do CT Juan Montes.

Tramo I de liña de media tensión EIR726 (actuación 2) a 15/20 kV, cunha lonxitude de 56 m con orixe en cela de liña do CT Castrillón, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en cela de liña do CT Ordes.

Tramo II liña de media tensión soterrada EIR726 (actuación 2) a 15/20 kV, cunha lonxitude de 148 m con orixe en cela de liña do CT Ordes, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en empalme que se realizará na LMTS EIR726.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 27 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña