Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 47978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 31 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto sectorial 02_14 de infraestruturas de telecomunicacións de nova implantación, nos concellos das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), Cervantes, Folgoso do Courel, Xermade, Navia de Suarna e A Pontenova (Lugo), promovido por Retegal (2014/0093).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, punto 3, faise público o informe de impacto ambiental, do 29 de outubro de 2014, sobre o proxecto sectorial 02_14 de infraestruturas de telecomunicacións de nova implantación, nos concellos das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), Cervantes, Folgoso do Courel, Xermade, Navia de Suarna e A Pontenova (Lugo), promovido por Retegal (2014/0093).

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental