Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 47981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2014/144).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Expediente: IN407A 2014/144.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS CRN-707A-CT Ponto II (reordenación Narón-Xuvia).

Situación: concello de Narón.

Características técnicas:

LMT soterrada a CT Ponto II, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 410 m con orixe no paso aéreo-subterráneo para realizar en apoio nº 9 existente da LMT CRN-707A, tramo entre a subestación de Cornido (expediente 25.862) e a derivada aos CT Ansede (expediente 30.010) e Agras (expediente 98/99) en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al), e final en cela de liña no CT Ponto II (expediente 207/2004).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 27 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña