Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 47982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2014/147-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Expediente: IN407A 2014/147-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: nova saída LMTS subestación A Grela 2, CT travesía de San José.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas:

LMT soterrada subestación A Grela 2, CT travesía de San José a 15/20 kV, cunha lonxitude de 2,484 km con orixe en cela existente na subestación da Grela 2 (expediente 132/1999) en condutor RHZ1-2OL (AS)-12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al) e RHZ1-2OL-12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al) e final en cela de liña existente no CT travesía de San José.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 27 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña