Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 48012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 29 de outubro de 2014, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia no expediente VP-C 38/14.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial da Coruña; rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 29 de outubro de 2014

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: VP-C 38/14.

Denunciados: Mª Asunción Regueiro Brandariz e Francisco Javier Jiménez Izquierdo.

Acto notificado: resolución do procedemento sancionador en materia de vivenda.