Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 48011

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 5 de novembro de 2014, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia na citación con referencia 36R001/C-ECV-4-2014 dos expedientes 36R001/3978/2013 e 36R002/5446/2013.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Pontevedra, con enderezo no paseo de Cervantes, nº 7, 1º, Edificio las Palmeras, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 5 de novembro de 2014

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Citación: referencia 36R001/C-ECV-4-2014 (expedientes 36R001/3978/2013 e 36R002/5446/2013).

Interesado: Santiago Otero Rey (Médico Estética Pramar, S.L.).

NIF: 35257128Z.

Acto notificado: citación.