Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 18 de novembro de 2014 Páx. 47855

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública (expediente FG 536).

Por Resolución desta Alcaldía número 4361 do 7 de novembro de 2014, acordouse aprobar inicialmente con condicións o modificado do estudo de detalle cuarteirón Z7 RUP-8, S.U. Santa María de Canide.

De conformidade co artigo 86.2 da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo vinte días, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 11 de novembro de 2014

Ángel García Seoane
Alcalde presidente