Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 18 de novembro de 2014 Páx. 47856

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO de información pública sobre o recoñecemento definitivo de edificación dedicada a exposición, venda e elaboración de granitos e mármores e obradoiro de cantaría na parcela con referencia catastral 15078A504020600000PB.

Ao abeiro da Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2001, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tramítase por instancia de Ramiro García Gerpe o recoñecemento definitivo da edificación coa actividade correspondente de edificación dedicada a exposición, venda e elaboración de granitos e mármores e obradoiro de cantaría, na parcela con referencia catastral 15078A504020600000PB, sita no lugar de Carballido, na parroquia de Ser. De acordo coa documentación técnica presentada, redactada polo arquitecto técnico Mario Miguel Carril Vázquez, colexiado 1488 do COAATIE A Coruña, de abril de 2012, e en cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este (que comezará a contar desde o día seguinte ao da última inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no DOG), as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Santa Comba, 22 de outubro de 2014

Antonio M. Landeira Gallardo
Alcalde