No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 170, do 8 de setembro de 2014, aparecen publicadas integramente as bases xerais, específicas e a convocatoria que ten por obxecto os procesos de funcionarización das prazas de persoal laboral fixo; no número 198, do 18 de outubro de 2014, corrección de erros, e no número 205, do 27 de outubro de 2014, modificación das bases específicas dun operario condutor. As prazas obxecto de funcionarización son as seguintes:
Postos de traballo de persoal laboral fixo |
Nº |
Responsable Axencia do Desenvolvemento Local |
1 |
Axente de desenvolvemento local |
1 |
Técnico en promoción económica |
1 |
Traballadora social |
3 |
Administrador sistema informático |
1 |
Informático auxiliar |
1 |
Auxiliar biblioteca-arquivo |
6 |
Auxiliar monitora 3ª idade |
1 |
Oficial de obras |
1 |
Operario parque móbil e inmobles |
1 |
Operario condutor |
2 |
Operario-servizos |
1 |
Traballadora familiar |
1 |
As solicitudes presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases (base terceira das xerais), dirixidas ao alcalde-presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios do Concello de Cambre (A Coruña).
Cambre, 28 de outubro de 2014
Felipe Andreu Barallobre
Concelleiro delegado da Área de Réxime Interior, Patrimonio e Contratación