Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 18 de novembro de 2014 Páx. 47780

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 27 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes en materia de residuos CO-RES-2014-0017 e CO-RES-2014-0193.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola Xefatura Territorial.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer 2, Edificio Administrativo Monelos, 5º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 27 de outubro de 2014

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2014-0017.

Interesado: Constantin Victor Memet.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0193.

Interesado: Taller Álvaro Fariña Lijó.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.