De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal sen efecto, notifícaselle á persoa que se sinala no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción da Lei 15/2002, do 1 de xullo, pola que se declara o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
O denunciado poderá presentar nun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta proposta de resolución, as alegacións que considere convenientes, participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo na sede do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, sito na rúa Oliva nº 3-2ª planta, en Vigo, conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).
Vigo, 27 de outubro de 2014
José Antonio Fernández Bouzas
Director-conservador do Parque Nacional Marítimo-Terrestre
das Illas Atlánticas de Galicia
ANEXO
Expediente |
Interesado |
PN-PO-2014-03-NAV |
BB CAP Sail Galicia |