Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 18 de novembro de 2014 Páx. 47801

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 27 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2014209TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 23 de setembro de 2014, a instrutora do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2014209TA-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Raquel González Carballa, con DNI 35320576M, como titular do establecemento Café Bar Nebraska.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Raquel González Carballa o contido da referida proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, nº 43, 1ª andar e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 27 de outubro de 2014

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2014209TA-PO.

Denunciada: Raquel González Carballa, con DNI 35320576M, como titular do establecemento Café Bar Nebraska.

Último enderezo coñecido: rúa Loureiro Crespo, nº 53, 36004 Pontevedra.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Disposición adicional terceira da dita lei establece que «nos centros ou dependencias nos que existe prohibición legal de fumar deberán colocarse na súa entrada, en lugar visible, carteis que anuncien a prohibición do consumo de tabaco».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.d) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: setenta e cinco (75) euros.