Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 18 de novembro de 2014 Páx. 47800

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2014 que modifica a Resolución do 28 de outubro de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e tramitación anticipada de gasto, do contrato de servizos de transporte das obras integrantes da exposición temporal O primeiro Picasso. A Coruña 1891-1895, que terá lugar no Museo de Belas Artes da Coruña.

Logo de advertir erros no prego de cláusulas administrativas e no listaxe de pezas que figura como anexo ao prego de prescricións técnicas que rexen a dita contratación,

Dispoño:

Primeiro. Realizar as modificacións oportunas nos ditos documentos. Os textos corrixidos poderán consultarse no enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21458

Segundo. A publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia modifica o prazo de presentación das ofertas, que rematará o oitavo día natural a partir do seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia. Se o día de remate do prazo fose domingo ou festivo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2014

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria