Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 17 de novembro de 2014 Páx. 47618

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (576/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 576/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús de la Iglesia Gómez contra la empresa Construcciones José Carro, S.A., Fondo de Garantía Salarial, administrador concursal de Construcciones José Carro, S.A. administrador, Jaime Fdez.-Obanza Carro, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se xunta:

«Sentenza: 494/2014.

Nº autos: 576/2012.

A Coruña, 28 de outubro de 2014.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante, Jesús de la Iglesia Gómez, que comparece asistido da letrada Belén Pousada Vales, e doutra, como demandados, Construcciones José Carro, S.A., Fondo de Garantía Salarial, administrador concursal de Construcciones José Carro, S.A. administrador Jaime Fdez.-Obanza Carro, que non comparecen malia estaren citados en legal forma.

Resolvo:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Jesús de la Iglesia Gómez, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Construcciones José Carro, S.A. e o administrador concursal a que aboe ao demandante a cantidade de 8.725,31 euros polos conceptos reclamados na demanda, máis os xuros por mora correspondentes.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones José Carro, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de outubro de 2014

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial