Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 17 de novembro de 2014 Páx. 47675

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 3 de novembro de 2014, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a resolución de baixa da autorización turística de varios establecementos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, faise pública a resolución, recaída nos expedientes de baixa dos establecementos relacionados, polo cesamento da súa actividade, xa que, intentada a notificación, non se puido practicar polos medios habituais.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 3 de novembro de 2014

Antonio Aguarón Turrientes
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento: Albergue Outeiro.

Titular: Albergue Bangueses, S.C.

Enderezo: lgar. Bangueses de Arriba.

Concello: Verea.

Resolución: 23.9.2014.

Establecemento: Hotel Castro.

Titular: Benjamín Antonio Fernández Gándara.

Enderezo: avda. Julio Rodríguez Soto, nº 36.

Concello: O Carballiño.

Resolución: 23.9.2014.

Establecemento: Restaurante Castro.

Titular: Benjamín Antonio Fernández Gándara.

Enderezo: avda. Julio Rodríguez Soto, nº 36.

Concello: O Carballiño

Resolución: 23.9.2014.